Cargando Eventos

« All Events

«Prevención de riscos asociados ao uso de internet» 1ª sesión

3 febrero @ 10:05 am - 5:00 pm UTC+1

‘A rede e as súas redes»

Obradoiro dirixido ao alumnado (1° ESO)

Duración: 3 sesións (50 min/sesión)

Obxectivo xeral

Promover a toma de conciencia por parte do alumnado dos riscos asociados ao uso de internet e facilitar habilidades para moverse neste novo «habitat».

Contido

  1. Que sabemos da red de redes?
  2. Que fan as redes sociais cos nosos datos?
  3. Lei e responsabilidade en internet: que significa ser menor de idade?
  4. A miña imaxe en internet: quena ve? lso importa? Eres dos que dí: «que mais da?»
  5. A quen crees máis a «Google» ou aos teus pais?
  6. Comezou coma un ha broma …
    1. cando me teño que preocupar?
    2. «vexo» que non «miro»?
    3. a quen llo digo?

Población destinataria

Dirixese ao alumnado que cursa 1° Educacion Secundaria Obrigatoria

Metodoloxía e duración

A metodoloxía de traballo básase no uso de medios audiovisuais e actividades TIC. Neste programa búscase a vertiente máis práctica e aplicable dos conceptos e contidos das sesión, á realidade do alumnado participante. Realízase un traballo, tanto persoal como en pequenos grupos.

Para o bo discorrer das actividades e antes do seu inicio levaranse a cabo en cada obradoiro dúas reunións de coordinación co centro escolar:

  • Unha responsable da área de Prevención da Asociación Adafad coa persoa responsable do Centro escolar
  • mediador/a que desenvolverá o taller coa persoa de referencia
    O programa desenvolverase ao longo de tres sesións de 50 min de duración cada unha delas e de periodicidade semanal.

Recursos humanos e materiais:

Humanos
Para a realización do programa de prevención cóntase co Equipo de traballo de Adafad, formado por:

  • Equipo técnico da Asociación constituído por 6 persoas de dilatada experiencia profesional: 2 psicólogos clínicos, 2 psicólogas, 1 pedagoga e 1 traballadora social
  • Equipo de profesionais que colaboran nos programas de prevención; cunha colaboración estable e con ampla experiencia en prevención, e no que se conta con 2 psicólogos e 2 educadoras sociais.

Materiais
A metodoloxía de traballo básase no uso de medios audiovisuais e actividades TIC. Neste programa búscase a vertiente máis practica e aplicable dos conceptos e contidos das sesións, á realidade do alumnado. Realízase o traballo, tanto persoal como en pequenos grupos.

AvaliaciónO programa avaliarase de acorde ó sistema de avaliación dos programas de prevención vixentes na Asociación ADAFAD, que segue os criterios e os estándares do Observatorio Europeo de Drogas e Toxicomanías, OEDT. O noso sistema de avaliación conta cos seguintes instrumentos:

    • Protocolo de desenvolvemento do programa
    • Protocolo de información para a mediadora
    • Folla de avaliación

Este sistema de avaliación é unha avaliación de proceso que permite coñecer como se desenvolven as actividades e se dito desenvolvemento está de acorde ou se desvía do programa inicial.

Ó final do programa elaborarase un informe do desenvolvemento do mesmo.

Detalles

Fecha:
3 febrero
Hora:
10:05 am - 5:00 pm
Categoría del Evento:

Organizadores

ADAFAD
Ayuntamiento de A Coruña
Colegio Rías Altas