Cargando Eventos

« All Events

  • Este evento ha pasado.

«Prevención, abordaxe e xestión de conflitos» 3ª Sesión

martes, 11 febrero 2020 @ 9:15 am - 10:05 pm UTC+1

Prevención, abordaxe e xestion de conflitos» Mozos e mozas: 3° ESO

N° sesións: 4 sesións (50 minutos por sesion)

Obxectivos

  • Potenciar as ferramentas de actuación adecuadas para un abordaxe saudable e pacífico frente ós conflitos en xeral, e do consumo de drogas e alcohol en particular
  • Favorecer no alumnado as habilidades e recursos necesarios para xestionar os conflictos de forma constructiva, dende o diálogo e a cooperación
  • Promover no alumnado actitudes prosociais e saudables

Poboación destinataria

Os destinatarios do programa son mozos e mozas que cursan 3º de ESO

Contidos:

Módulo I: Os conflitos… oportunidades? riscos?

  • As diferenzas de xénero , cultura , etc e os estereotipos, prexuízos , tópicos,
  • Afrontamento dos conflictos: eu gaño- ti gañas?, eu gaño- ti perder?, etc

Módulo II: Fronte ás drogas…

    • Como xestionan os conflitos os teus compañeiros/as? e ti?
    • E qué mais?

Metodoloxía e duración
O método de traballo é dinámico e participativo, utilizando tecnoloxía multimedia e ende se busca a vertente máis práctica e aplicable dos conceptos e contidos das sesións ás condicións reais dos mozos/as. Se realiza un traballo, tanto persoal coma en pequenos grupos. Trátase de poñer en acto, de transmitir como algo experimentado, vivido, os contidos que se desenvolven ao longo das sesións.

Para o bo discorrer das actividades e antes do seu inicio levaranse a cabo en cada obradoiro dúas reunións de coordinación co centro escolar:
Unha responsable da área de Prevención da Asociación Adafad coa persoa responsable do Centro escolar

mediador/a que desenvolverá o taller coa persoa de referencia

O programa desenvolverase ao longo de catro sesións de 50 min de duración cada unha delas e de periodicidade semanal.

Recursos humanos e materiais:
Humanos
Para a realización do programa de prevención cóntase co Equipo de traballo de Adafad, formado por:

• Equipo técnico da Asociación constituído por 6 persoas de dilatada experiencia profesional: 2 psicólogos clínicos, 2 psicólogas, 1 pedagoga e 1 traballadora social

• Equipo de profesionais que colaboran nos programas de prevención; cunha colaboración estable e con ampla experiencia en prevención, e no que se conta con 2 psicólogos e 2 educadoras sociais.

Materiais

Solicitarase ó centro o poder facer uso dun ordenador e cañón, o resto do material didáctico necesario para o desenvolvemento do programa é proporcionado polo mediador/a que traballe co grupo.

Avaliación

O programa avaliarase de acorde ó sistema de avaliación dos programas de prevención vixentes na Asociación ADAFAD, que segue os criterios e os estándares do Observatorio Europeo de Drogas e Toxicomanías, OEDT. O noso sistema de avaliación conta cos seguintes instrumentos:

      • Protocolo de desenvolvemento do programa
      • Protocolo de información para a mediadora
      • Folla de avaliación

Este sistema de avaliación é unha avaliación de proceso que permite coñecer como se desenvolven as actividades e se dito desenvolvemento está de acorde ou se desa do programa inicial.

Ó final do programa elaborarase un informe do desenvolvemento do mesmo.

Detalles

Fecha:
martes, 11 febrero 2020
Hora:
9:15 am - 10:05 pm UTC+1
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:

Organizadores

Ayuntamiento de A Coruña
ADAFAD
Colegio Rías Altas

Local

Colegio Rías Altas
Zapateira S/N
Culleredo, A Coruña 15008 España
+ Google Map
Teléfono
981174371
Comentarios no permitidos.