
- Este evento ha pasado.
«Prevención, abordaxe e xestión de conflitos» 4ª Sesión
miércoles, 18 marzo 2020 @ 9:15 am UTC+1
Prevención, abordaxe e xestion de conflitos» Mozos e mozas: 3° ESO
N° sesións: 4 sesións (50 minutos por sesion)
Obxectivos
- Potenciar as ferramentas de actuación adecuadas para un abordaxe saudable e pacífico frente ós conflitos en xeral, e do consumo de drogas e alcohol en particular
- Favorecer no alumnado as habilidades e recursos necesarios para xestionar os conflictos de forma constructiva, dende o diálogo e a cooperación
- Promover no alumnado actitudes prosociais e saudables
Poboación destinataria
Os destinatarios do programa son mozos e mozas que cursan 3º de ESO
Contidos:
Modulo I: Os conflitos… oportunidades? riscos?
- As diferenzas de xénero , cultura , etc e os estereotipos, prexuízos , tópicos,
- Afrontamento dos conflictos: eu gaño- ti gañas?, eu gaño- ti perder?, etc
Modulo II: Fronte ás drogas…
-
- Como xestionan os conflitos os teus compañeiros/as? e ti?
- E qué mais?
Metodoloxía e duración
O método de traballo é dinámico e participativo, utilizando tecnoloxía multimedia e ende se busca a vertente máis práctica e aplicable dos conceptos e contidos das sesións ás condicións reais dos mozos/as. Se realiza un traballo, tanto persoal coma en pequenos grupos. Trátase de poñer en acto, de transmitir como algo experimentado, vivido, os contidos que se desenvolven ao longo das sesións.
Para o bo discorrer das actividades e antes do seu inicio levaranse a cabo en cada obradoiro dúas reunións de coordinación co centro escolar:
• Unha responsable da área de Prevención da Asociación Adafad coa persoa responsable do Centro escolar
• mediador/a que desenvolverá o taller coa persoa de referencia
O programa desenvolverase ao longo de catro sesións de 50 min de duración cada unha delas e de periodicidade semanal.
Recursos humanos e materiais:
Humanos
Para a realización do programa de prevención cóntase co Equipo de traballo de Adafad, formado por:
• Equipo técnico da Asociación constituído por 6 persoas de dilatada experiencia profesional: 2 psicólogos clínicos, 2 psicólogas, 1 pedagoga e 1 traballadora social
• Equipo de profesionais que colaboran nos programas de prevención; cunha colaboración estable e con ampla experiencia en prevención, e no que se conta con 2 psicólogos e 2 educadoras sociais.
Materiais
Solicitarase ó centro o poder facer uso dun ordenador e cañón, o resto do material didáctico necesario para o desenvolvemento do programa é proporcionado polo mediador/a que traballe co grupo.
Avaliación
O programa avaliarase de acorde ó sistema de avaliación dos programas de prevención vixentes na Asociación ADAFAD, que segue os criterios e os estándares do Observatorio Europeo de Drogas e Toxicomanías, OEDT. O noso sistema de avaliación conta cos seguintes instrumentos:
-
-
- Protocolo de desenvolvemento do programa
- Protocolo de información para a mediadora
- Folla de avaliación
- Protocolo de desenvolvemento do programa
-
Este sistema de avaliación é unha avaliación de proceso que permite coñecer como se desenvolven as actividades e se dito desenvolvemento está de acorde ou se desvía do programa inicial.
Ó final do programa elaborarase un informe do desenvolvemento do mesmo.