Cargando Eventos

« All Events

»Fuga de cerebros: drogas» 1ª Sesión

3 febrero @ 10:15 am - 10:55 am UTC+1

»Fuga de cerebros: drogas»

Mozos/as que cursan 2° ESO
N° sesións: 3 sesións (50 minutos por sesión)

Obxectivo

• Favorecer a autonomía persoal, desenvolvendo competencias para a toma de decisións autónomas e saudables frente ó consumo de drogas

• Fortalecer nos mozos e mozas as habilidades de comunicación que actuen como factores de protección frente ao consumo de drogas.

• Fortalecer e reforzar nos mozos e mozas as súas habilidades sociais para favorecer unha boa convivencia

Poboación destinataria
Os destinatarios do programa son mozos e mozas que cursan 2° ESO.

Contidos:

Módulo I: Buscando e atopando…

  • Ponte ó dia: noticias falsas… tamén sobre as drogas
  • Fío case invisible: atópao! a presión dos outros/as.

Módulo II: Fuga de cerebros ou…

  • Ti decides: como o fas?
  • Como dis «non»? Un primeiro paso e os seguintes ata o final

Metodoloxía e duración

O método de traballo é dinámico e participativo, utilizando tecnoloxía multimedia e onde se busca a vertente máis práctica e aplicable dos conceptos e contidos das sesións ás condicións reais dos mozos/as. Se realiza un traballo, tanto persoal coma en pequenos grupos. Trátase de poñer en acto, de transmitir como algo experimentado, vivido, os contidos que se desenvolven ao longo das sesións.

Para o bo discorrer das actividades e antes do seu inicio levaranse a cabo en cada obradoiro dúasreunións de coordinación co centro escolar:

  • Unha responsable da área de Prevención da Asociación Adafad coa persoa responsable do Centro escolar
  • mediador/a que desenvolverá o taller coa persoa de referencia

O programa desenvolverase ao longo de tres sesións de 50 min de duración cada unha delas e de periodicidade semanal.

Recursos humanos e materiais:

Humanos

Para a realización do programa de prevención cóntase co Equipo de traballo de Adafad, formado por:

  • Equipo técnico da Asociación constituído por 6 persoas de dilatada experiencia profesional: 2 psicólogos clínicos, 2 psicólogas, 1 pedagoga e 1 traballadora social
  • Equipo de profesionais que colaboran nos programas de prevención; cunha colaboración estable e con ampla experiencia en prevención, e no que se canta con 2 psicólogos e 2 educadoras sociais.

Materiais

Solicitarase ó centro o poder facer uso dun ordenador e cañón, o resto do material didáctico necesario para o desenvolvemento do programa é proporcionado polo mediador/a que traballe co grupo.

Avaliación

O programa avaliarase de acorde ó sistema de avaliación dos programas de prevención vixentes na Asociación ADAFAD, que segue os criterios e os estándares do Observatorio Europeo de Drogas e Toxicomanías, OEDT. O noso sistema de avaliación canta cos seguintes instrumentos:

  • Protocolo de desenvolvemento do programa
  • Protocolo de información para a mediadora
  • Folla de avaliación

Este sistema de avaliación é unha avaliación de proceso que permite coñecer como se desenvolven as actividades e se dito desenvolvemento está de acorde ou se desvía do programa inicial.

Ó final do programa elaborarase un informe do desenvolvemento do mesmo.

Detalles

Fecha:
3 febrero
Hora:
10:15 am - 10:55 am
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Colegio Rías Altas
Zapateira S/N
Culleredo, A Coruña 15008 España
Teléfono:
981174371

Organizadores

ADAFAD
Ayuntamiento de A Coruña
Colegio Rías Altas