Cargando Eventos

« All Events

«Prevencion do acoso e ciberacoso» 2ª Sesión

9 marzo @ 9:20 am UTC+1

«·lso xa non é unha broma»

(Prevencion do acoso e ciberacoso)

Obradoiro dirixido ao alumnado (6° EP)

Duración : 3 sesións (50 min/sesión)

Obxectivo

Potenciar as habilidades persoais e o traballo cooperativo do alumnado dende unha perspectiva de xenero para unha convivencia saudable e previr situación de acoso escolar .

Contido

l. Que é? Que pasa?

1.1. O grupo máis eu: nas redes e fora delas
1.2. Que fago? Que fan os outros/as?: o respeto ás diferenzas

2. Comezou como unha broma…

2.1. cando me teño que preocupar? 2.2.A quen llo digo?

Poboacion destinataria

Oirixese ao alumnado que cursa 6° Educación Primaria.

Metodoloxía e duración

O método de traballo é dinámico e participativo, facendo uso de tecnoloxía multimedia e donde se busca a vertiente máis práctica e aplicable dos conceptos e contidos das sesión, á realidade do alumnado participante. Realízase un traballo, tanto persoal como en pequenos grupos.

Para o bo discorrer das actividades e antes do seu inicio levaranse a cabo en cada obradoiro dúas reunións de coordinación co centro escolar:

  • Unha responsable da área de Prevención da Asociación Adafad coa persoa responsable do Centro escolar
  • mediador/a que desenvolverá o taller coa persoa de referencia

O programa desenvolverase ao longo de tres sesións de 50 min de duración cada unha delas e de periodicidade semanal.

Recursos humanos e materiais:

Humanos
Para a realización do programa de prevención cóntase co Equipo de traballo de Adafad, formado por;

  • Equipo técnico da Asociación constituído por 6 persoas de dilatada experiencia profesional: 2 psicólogos clínicos, 2 psicólogas, 1 pedagoga e 1 traballadora social
  • Equipo de profesionais que colaboran nos programas de prevención; cunha colaboración estable e con ampla experiencia en prevención, e no que se canta con 2 psicólogos e 2 educadoras sociais.

Materiais

Solicitarase ó centro o poder facer uso dun ordenador e cañón, o resto do material didáctico necesario para o desenvolvemento do programa é proporcionado polo mediador/a que traballe co grupo.

Avaliación

O programa avaliarase de acordo ó sistema de avaliación dos programas de prevención vixentes na Asociación ADAFAD, que segue os criterios e os estándares do Observatorio Europeo de Drogas e Toxicomanías, OEDT. O naso sistema de avaliación canta cos seguintes instrumentos:

  • Protocolo de desenvolvemento do programa
  • Protocolo de información para a mediadora
  • Folla de avaliación

Este sistema de avaliación é unha avaliación de proceso que permite coñecer como se desenvolven as actividades e se dito desenvolvemento está de acordo ou se desvía do programa inicial.

Ó final do programa elaborarase un informe do desenvolvemento do mesmo.

Detalles

Fecha:
9 marzo
Hora:
9:20 am
Categoría del Evento:

Local

Colegio Rías Altas
Zapateira S/N
Culleredo, A Coruña 15008 España
Teléfono:
981174371

Organizadores

ADAFAD
Ayuntamiento de A Coruña
Colegio Rías Altas