Cargando Eventos

« All Events

Prevención do consumo de alcohol e tabaco

29 enero @ 8:20 am - 11:00 am UTC+1

«Eu, ti, outros/as»

(Prevención do consumo de alcohol e tabaco)

Obradoiro dirixido ao alumnado (6° EP)

Duración: 1 sesión (90 min)

Obxectivo xeral

Promover no alumnado hábitos saudables e unha actitude crítica que contribúa á toma de decisións saudables respeto ao consumo de alcol e tabaco.

Contido

l. grupo máis eu: alcol e tabaco

2. Un antes e un despois

Población destinataria

Diríxese ao alumnado que cursa 6° Educación Primaria

Metodoloxía e duracion:

Utilizarase unha metodoloxía dinámica e participativa, donde ademási de facer uso de medios audiovisuais utilizaranse dinámicas de grupo e técnicas individuais. Partirase dos coñecementos, experiencias e intereses dos membros do grupo, potenciando as habilidades de intercambio de opinións.

Para o bo discorrer das actividades e antes do seu inicio levaranse a cabo en cada obradoiro dúas reunións de coordinación co centro escolar:

• Unha responsable da área de Prevención da Asociación Adafad coa persoa responsable do Centro escolar

• mediador/a que desenvolverá o taller coa persoa de referencia

O programa desenvolverase ao longo de unha sesión de 90 min de duración.

Recursos humanos e materiais:

Humanos

Para a realización do programa de prevención cóntase co Equipo de traballo de Adafad, formado por;
• Equipo técnico da Asociación constituído por 6 persoas de dilatada experiencia profesional: 2 psicólogos clínicos, 2 psicólogas, 1 pedagoga e 1 traballadora social
• Equipo de profesionais que colaboran nos programas de prevención; cunha colaboración estable e con ampla experiencia en prevención, e no que se conta con 2 psicólogos e 2 educadoras sociais.

Materiais

Solicitarase ó centro o poder facer uso dun ordenador e cañón, o resto do material didáctico necesario para o desenvolvemento do programa é proporcionado polo mediador/a que traballe co grupo.

Avaliación
O programa avaliarase de acorde ó sistema de avaliación dos programas de prevención vixentes na Asociación ADAFAD, que segue os criterios e os estándares do Observatorio Europeo de Drogas e Toxicomanías, OEDT. O noso sistema de avaliación conta cos seguintes instrumentos:

  • Protocolo de desenvolvemento do programa
  • Protocolo de información para a mediadora
  • Folla de avaliación

Este sistema de avaliación é unha avaliación de proceso que permite coñecer como se desenvolven as actividades e se dito desenvolvemento está de acorde ou se desvía do programa inicial.

Detalles

Fecha:
29 enero
Hora:
8:20 am - 11:00 am
Categoría del Evento:

Local

Colegio Rías Altas
Zapateira S/N
Culleredo, A Coruña 15008 España
Teléfono:
981174371

Organizadores

ADAFAD
Ayuntamiento de A Coruña
Colegio Rías Altas